In memoriam Carmen Señorans
Transcribo aquí el texto de agradecimiento leído por la sucesora de Carmen en la Asociación de mujeres Moi boa tarde a todos. Hoxe estamos aquí porque a gran maioría de nós tivemos a sorte de coincidir nalgún momento das nosas vidas con Carmen Señoráns Barreiro; unha muller: xenerosa, dinámica, emprendedora, comprometida co medio rural, e adiantada ao seu tempo. Carmen foi unha das primeiras profesoras da EFA as Cancelas das Neves, na que mais tarde foi directora, e da que conserva numerosas amizades; algunhas delas acompáñannos hoxe nesta humilde homenaxe á súa memoria. Foi pioneira na única liga federada feminina nas Comarcas do Condado-Paradanta e Baixo Miño, unha gran defensora dos dereitos da muller, e en especial das do medio rural, motivo polo que constituíu e presidiu a Asociación de Familias e Mulleres Rurais de Santa María de Rubín desta parroquia, da súa parroquia. Carmen era unha muller que axudaba a ver a vida dende unha perspectiva na que as dificultades parecí...